Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 polo que se anuncia concurso público de alleamento de parcelas propiedade do dito organismo, nas áreas residenciais do SUNP-3 (As Cancelas-Mallou), SUNP-15 (Pontepereda-Conxo) e SUNP-16 (Volta do Castro) en Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto.

Concurso público para o alleamento das parcelas que se detallan, propiedade do IGVS para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas de protección autonómica.

Áreas residenciais: SUNP-3, SUNP-15, SUNP-16:

Parcela

SUNP-3

Valoración

(euros)

IVE (16%)

(euros)

Total

(euros)

4B1357.99357.279415.272

ED12.199.696351.9512.551.647

Parcela

SUNP-15

Valoración

(euros)

IVE (16%)

(euros)

Total

(euros)

4B1618.06298.890716.952

2M3554.91588.786643.701

2M2664.138106.262770.400

Parcela

SUNP-16

Valoración

(euros)

IVE (16%)

(euros)

Total

(euros)

4B3611.96797.915709.882

4B7262.64442.023304.667

4B8754.338120.694875.032

4B9716.139114.582830.721

Prego de bases.

O prego de bases que rexerá no concurso poderá ser examinado nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo sito no Polígono das Fontiñas, Área Central s/n, na Xefatura Provincial do IGVS na Coruña, sita no edificio de Servicios Múltiples, 9º andar, na rúa Salvador de Madariaga s/n durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles agás o sábado.

Garantías.

Para a presentación de proposicións esixirase aval bancario por importe equivalente ó 5% do prezo da parcela (IVE incluído).

Destinatarios.

A esta convocatoria poderán concorre-las seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:

a) As persoas físicas e/ou xurídicas que teñan por finalidade a promoción de vivendas e tivesen desenvolvido a súa actividade nese campo como mínimo 1 ano.

b) As cooperativas de vivendas que, conforme a lexislación vixente, estean validamente constituídas e inscritas ou que se constituán e inscriban para o efecto e estean facultadas para seren promotoras de vivendas.

c) As demais entidades de finalidade e carácter social, sen ánimo de lucro, que teñan entre ós seus propios obxectivos o de promover e proporcionar ós seus membros vivendas sometidas a algún réxime de protección oficial, sempre que se tivesen constituído ou se constitúan para o efecto, segundo a respectiva lexislación vixente pola que se rexan.

Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en días e horas hábiles, agás os sábados, no rexistro da Xefatura Provincial do IGVS na Coruña ou en calquera dos rexistros establecidos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando as solicitudes de participación sexan efectuadas por algúns destes últimos medios deberase avisar da presentación da oferta mediante telegrama ou fax dirixido á Xefatura Provincial do IGVS da Coruña. Sen a concorrencia de ámbolos requisitos non será admitida a documentación se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora do remate do prazo.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás 14 horas do día 27 de agosto de 2003.

Apertura das proposicións.

A apertura e admisión de proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Delegación Provincial do IGVS na Coruña ás 11 horas do día 10 de setembro de 2003.

O tribunal técnico constituirase ás 11 horas do día 17 de setembro de 2003, no lugar anteriormente

sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a cláusula sétima do prego de bases.

A adxudicación provisional das parcelas farase pública no prazo máximo de dous meses contados desde a data de admisión das proposicións.

Documentos que deben presenta-los ofertantes.

As proposicións deberán ir acompañadas dos documentos esixidos na cláusula sexta do prego de bases.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo