Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.155

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (692/2002-CH).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María Eugenia López Pallas, contra Jesús Dacosta Aller (en situación de rebeldía procesual), sobre demanda de separación nº 692/2002-CH, se dictou sentencia con data do 22 de maio de 2003, e para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse expedi-lo seguinte edicto, que contén o encabezamento da dita sentencia, así como a súa parte dispositiva e, copiada literalmente, di:

«Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e do seu partido, estes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co nº 692/2002-CH, por instancia de María Eugenia López Pallas, representada pola procuradora Mar Rodríguez González e defendida polo letrado Iván Vázquez Franco, sendo parte demandada Jesús Dacosta Aller,

en situación de rebeldía procesual, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido, que estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Mar Rodríguez González en nome e representación de María Eugenia López Pallas, contra Jesús Dacosta Aller, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por María Eugenia López Pallas e Jesús Dactosta Aller, celebrado na Coruña, con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento, e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Quedaren os fillos Kevin e Nerea baixo a garda e custodia da nai, tendo ámbolos proxenitores a patria potestade.

2. Establecer a prol do pai o seguinte réxime de visitas:

a) As fins de semana primeira, terceira e quinta de cada mes, os anos pares, e a segunda e a cuarta os anos impares, desde as 12 horas do sábado ás 20 horas do domingo.

b) En Nadal, do 22 ó 29 de decembro os anos pares, e do 30 de decembro ó 6 de xaneiro os anos impares.

c) Na Semana Santa, do Domingo de Ramos ó Mércores Santo, os anos pares, e do Xoves Santo ó Domingo de Resurrección, os anos impares.

d) No verán, o mes de xullo dos anos pares, e o mes de agosto dos anos impares.

En todos estes períodos de visitas, o pai recollerá e reintegrará os menores no domicilio materno.

Durante os períodos vacacionais non estarán vixentes as medidas relativas ó réxime de visitas.

3. Fixar en 240 euros mensuais, a cantidade que o marido lle aboará á esposa, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polo concepto de alimentos para os fillos, cantidades que ingresará na conta que aquela designe e que será actualizada anualmente con efecto do 1 de febreiro, de acordo coas variacións que experimente o índice de prezos ó consumo.

4. Será por conta de ámbolos cónxuxes por metades, o aboamento dos gastos extraordinarios, incluídos os médicos non cubertos pola Seguridade Social.

Sen imposición de custas».

E para que conste e lle sirva de cédula de notificación ó demandado rebelde Jesús Dacosta Aller, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de maio de 2003.

A secretaria

Rubricado