Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.144

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición de determinadas categorías.

En sesión que tivo lugar o día 12 de xuño de 2003, o tribunal designado polas ordes de 26 de decembro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso a determinadas categorías correspondentes ós gupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro.-De conformidade co disposto no punto 8 da base quinta das ordes do 26 de decembro de 2002, o primeiro exercicio da fase de oposición das categorías que se sinalan a seguir terá lugar no recin

to da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) nas seguintes datas e horas:

GrupoCategoríaDíaHora

IIICapataz de establecemento (80)11 de xullo17.00

VCelador 2ª/vixilante recursos naturais (9)12 de xullo16.30

VPeón forestal (10F)12 de xullo9.00

Segundo.-Os aspirantes terán que presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán ir provistos de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Terceiro.-Este chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal