Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.143

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 80, do 25 de abril), pola que se ordena a publicación dos acordos adoptados na sesión realizada o día 10 de xuño de 2003, relativos ó anuncio da data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

En sesión realizada o día 10 de xuño de 2003 polo tribunal designado para cualifica-lo proceso

selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril), acordouse, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria:

De conformidade co disposto na base II.3.1, a orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T.

1. Realiza-lo segundo exercicio da fase de oposición para os titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, especialidades de Mecamar (Daniel Rodas Chapela) e mecánicos de promoción interna (Adelino Formoso Dosil e Guillermo Martínez Paz), o día 8 de xullo de 2003, martes, en chamamento único que se iniciará ás nove trinta (9.30)

horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

2. Realiza-lo segundo exercicio da fase de oposición para os titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, especialidade de mecánicos de acceso libre (Carlos Bastón Bacelar, José María Baz Lijo e Juan Manuel García Pérez), o día 9 de xullo de 2003, mércores, en chamamento único que se iniciará ás nove trinta (9.30) horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

3. Realiza-lo segundo exercicio da fase de oposición para os titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, especialidade de mecánicos de acceso libre (Gabriel López Pérez, Emilio Muñiz Torrado e Daniel Rodas Chapela), o día 10 de xullo de 2003, xoves, en chamamento único que se iniciará ás nove trinta (9.30) horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

4. Comeza-la realización do segundo exercicio da fase de oposición para os titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, especialidade de patrón, pola quenda de promoción interna de José Vilanova Iglesias a Francisco José Pando Caldelas o día 15 de xullo de 2003, martes, en chamamento único que se iniciará ás nove (9.00) horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

De conformidade coa base II.3.4. a publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo exercicio para patróns pola quenda de acceso libre, farase nos locais do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

Vigo, 11 de xuño de 2003.

Juan Manuel López García

Presidente do tribunal