Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.104

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 281/2003, do 19 de xuño, polo que se modifica o Decreto 255/2003, do 8 de maio, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

O Decreto 255/2003, do 8 de maio, estableceu a estructura orgánica da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública co fin de fixa-lo marco xurídico de actuación para levar a cabo os cometidos asignados ós distintos órganos superiores.

Os artigos 9, 10 e 11 desenvolveron a estructura da Dirección Xeral da Función Pública sendo preciso neste momento, en aplicación do principio de economía do gasto, modifica-la súa estructura organizativa suprimindo o Servicio de Planificación de Persoal, incardinado na Subdirección Xeral de Xestión de Persoal da devandita dirección xeral, e reasignando as súas funcións ó Servicio de Actualización de Datos do Persoal.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no exercicio da facultade que me outorga o artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, tralo informe da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o punto 2 do artigo 11 do Decreto 255/2003, do 8 de maio, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que queda redactado nos seguintes termos:

«11.2. Para a realización das súas funcións, a Subdirección Xeral de Xestión de Persoal contará coas seguintes unidades administrativas:

2.1. Servicio de Xestión e Programación.

2.2. Servicio de Actualización de Datos do Persoal.

2.3. Servicio de Selección e Provisión de Postos de Traballo.

2.1. O Servicio de Xestión e Programación terá encomendadas as seguintes funcións:

a) Xestión, en xeral, de todo o persoal funcionario, laboral ou asimilado ó servicio da Administración autonómica de Galicia, sen prexuízo das competencias propias de cada consellería.

b) Estudio e preparación de informes e estatísticas sobre materias relacionadas co persoal.

c) Colaborar na preparación dos concursos de provisión das ofertas de emprego público da Administración autonómica de Galicia e dos procesos selectivos.

d) Estudio e preparación dos proxectos normativos en materia de integración do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

2.2. O Servicio de Actualización de Datos do Persoal realizará os seguintes cometidos:

a) Dirixir e coordina-lo funcionamento do Rexistro de Persoal.

b) A anotación e actualización dos datos que se refiran ós actos que afecten a vida administrativa do persoal ó servicio da Administración pública de Galicia.

c) A xestión informatizada dos distintos procesos desta dirección xeral.

d) O estudio e preparación de propostas de elaboración dos cadros de persoal.

2.3. O Servicio de Selección e Provisión de Postos de Traballo exercerá as seguintes funcións:

a) Estudio e preparación dos proxectos normativos en materia de selección e provisión.

b) Asesoramento en asuntos relacionados coa provisión de postos de traballo e selección de persoal ó servicio da Xunta de Galicia, así como a cobertura temporal de postos.

c) A preparación e elaboración das convocatorias de concursos de traslados, de procesos selectivos e das ofertas de emprego público do persoal ó servicio da Administración pública de Galicia, dentro dos termos da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

d) Estudio e elaboración de informes en materia da súa competencia».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para dictar cantas disposicións sexan necesarias para a execución e desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA