Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Rebón 2991, nos concellos de Portas, Moraña e Barro, da provincia de Pontevedra, por parte de Maximino Pasarín Pajaro.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que Maximino Pasarín Pajaro, con domicilio social en el lugar de San Antoniño, Barro, Ponte

vedra, presentou nesta delegación provincial o día 26 de xullo de 2002, instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Rebón, sobre unha superficie de trinta e dúas cuadrículas mineiras para investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Portas, Moraña e Barro, da provincia de Pontevedra, e o que lle correspondeu ó número 2991.

A desginación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitud

Pp-V1-8º 37' 00"42º 34' 00"
V2-8º 35' 00"42º 34' 00"
V3-8º 35' 00"42º 32' 20"
V4-8º 37' 20"42º 32' 20"
V5-8º 37' 20"42º 33' 00"
V6-8º 37' 00"42º 33' 00"

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 8 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra