A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que por Resolución do 17 de marzo de 2003, se outorgou a Minas de Bandeira, S.A., o permiso de investigación nomeado Freixeiro 2801, de cento tres cuadrículas mineiras para recursos de piroxenos e espodumena, que se sitúa nos termos municipais de Lalín e Silleda, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:
Vértices Lonxitude Latitude
1 8º 13' 00" 42º 39' 20" 2 8º 10' 20" 42º 39' 20" 3 8º 10' 20" 42º 36' 00" 4 8º 14' 00" 42º 36' 00" 5 8º 14' 00" 42º 38' 20" 6 8º 13' 20" 42º 38' 20" 7 8º 13' 20" 42º 39' 00" 8 8º 13' 00" 42º 39' 00"
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.
Pontevedra, 7 de maio de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra