Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/9-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: ampliación da subestación A Frieira con parque de 220 kV.

Situación: Frieira (Padrenda).

Descricións técnicas: 1. Ampliación da subestación A Frieira 132/20 kV cun novo parque de 220 kV en edificio con celas blindadas de interior, en dobre barra e dúas posicións de liña: Montouto e mais Cartelle. Celas de transformador, liña, medida e conexión. Autotransformador de 100 MVA. Trifásico 220/132 V. Transformador para servicios auxiliares de 400 kVA, R/T 20.000/420. 2. Instálase unha posición de 132 kV dotada dos elementos necesarios de funcionamento, control, protección e medida.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 22 de abril de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense