Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións
de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. Moncho Reboiras, 1.
Situación: Culleredo.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, dunha lonxitude de 260 m, con orixe na L.M.T.S. a C.T. praza Europa, entrada e saída en C.T. Moncho Reboiras (proxectado) e final na L.M.T.S. a C.T. praza Europa, conductor R.H.V. 12/20 kV-3x240 mm Al.
Centro de transformación no prefabricado Moncho Reboiras nº 1, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de tensións 15/0,380-0,220 kV. Concello de Culleredo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 13 de maio de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña