Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.056

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 pola que se fai público o contido da modificación do convenio de apoio financeiro ó comercio polo miúdo na Comunidade Autónoma de Galicia 2002-2003 entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa e as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas.

Con data do 18 de setembro de 2002, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia, as cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia e as entidades financeiras adheridas asinaron un convenio de apoio financeiro ó sector do comercio polo miúdo con vixencia durante os anos 2002 e 2003.

Incardinado no conxunto de medidas deseñado pola Xunta de Galicia para contrarresta-los efectos derivados do afundimento do buque Prestige, considérase oportuno reducir, excepcionalmente, durante todo o ano 2003, o custo financeiro dos préstamos concedidos ó abeiro do dito convenio para aqueles comerciantes situados nalgúns dos municipos da Costa da Morte, aumentado os puntos de subsidiación establecidos.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Facer público, como anexo a esta resolución, o texto da modificación con data do 2 de xuño de 2003 do convenio de apoio financeiro ó comercio polo miúdo na Comunidade Autónoma de Galicia 2002-2003 entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de

Empresarios de Galicia, as cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia e as entidades financeiras adheridas.

En Santiago de Compostela o 9 de xuño de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Modificación do convenio de apoio financeiro ó comercio polo miúdo na Comunidade Autónoma de Galicia 2002-2003, subscrito o 18 de setembro de 2002 entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa e as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.

Reunidos

José Antonio Orza Fernández, conselleiro de Economía e Facenda, en nome e representación do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa calidade de presidente.

D... , con DNI nº ... , en nome e representación da entidade ... , con poderes suficientes para obrigarlle neste acto

Expoñen

Primeiro.-Con data do 18 de setembro de 2002, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia, as cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia e as entidades financeiras adheridas, asinaron un convenio de apoio financeiro ó sector do comercio polo miúdo con vixencia durante os anos 2002 e 2003.

Segundo.-Incardinado no conxunto de medidas deseñado pola Xunta de Galicia para contrarresta-los efectos derivados do afundimento do buque Prestige, considérase oportuno reducir, excepcionalmente, durante todo o ano 2003, o custo financeiro dos prés

tamos concedidos ó abeiro do convenio de referencia para aqueles comerciantes situados na Costa da Morte, nalgún dos municipios que se sinalan no anexo a este documento, aumentando os puntos de subsidiación establecidos.

Terceiro.-Faise constar que, conforme o establecido no terceiro parágrafo do punto 2º do artigo 5 do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, con data do 15 de maio de 2003, en atención ó caracter social da medida, tomou o acordo de rebaixar ó 1% o tipo de xuro mínimo a satisfacer polos beneficiarios deste convenio establecidos na Costa da Morte con proxectos que supoñan creación de emprego.

Por todo o que antecede, as partes previamente postas de acordo pactan a modificación do convenio de apoio financeiro ó sector do comercio polo miúdo, subscrito o 18 de setembro de 2002 de acordo coa seguinte

Estipulación

Modifícase o último parágrafo do punto 5º da cláusula 7ª que queda como segue:

«Para as solicitudes de axuda presentadas no Igape no ano 2003 o tipo de xuro nominal fixo será do 4,55%. A subsidiación será a diferencia entre o tipo de xuro nominal menos:

Con carácter xeral: 3%.

Proxectos con creación de emprego: 2%.

Proxectos na Costa da Morte con carácter xeral: 2%.

Proxectos na Costa da Morte con creación de emprego: 1%.

Para os fectos deste convenio, os municipios da Costa da Morte serán os establecidos no anexo XI».

Pola entidade financeira:

Asdo.:

Polo Igape:

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Igape

ANEXO XI

Municipios da Costa da Morte

para efectos deste convenio

Muros.

Laxe.

Carnota.

Cabana de Bergantiños.

Cee.

Ponteceso.

Dumbría.

Malpica de Bergantiños.

Corcubión.

Carballo.

Fisterra.

A Laracha.

Muxía.

Zas.

Camariñas.

Vimianzo.

Coristanco.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA