Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de xuño de 2003 pola que se modifica o artigo 2 da Orde do 13 de febreiro de 2003 ampliando o importe dos anexos III e IV relativos ó financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da Unión Europea co obxecto de coñece-la lingua dese país e o de axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (Sócrates-Erasmus).

A Orde do 13 de febreiro de 2003 (DOG nº 41, do 27 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de axudas para o estudio e accións de apoio económico ós estudiantes universitarios correspondentes ó curso académico

2002-2003, establece no seu artigo 2 a contía que se destinará para a concesión destas axudas.

Nembargantes, a citada convocatoria, no mesmo artigo establece que a cantidade destinada a cada unha destas axudas poderá ser incrementada de acordo coas dispoñibilidades económicas da consellería.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a contía que figura no artigo 2 da Orde do 13 de febreiro de 2003 na cantidade de vinteoito mil oitocentos dez euros (28.810 euros), con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, que se destinará para os anexos III e IV da citada orde, de acordo coa seguinte distribución:

Anexo III: 14.405 euros.

Anexo IV: 14.405 euros.

Segundo.-Esta modificación non afecta os prazos establecidos na referida orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria