Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.038

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 280/2003, do 17 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia.

Polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, modificouse a estructura orgánica da Xunta de Galicia. A concordancia da denominación da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado cos órganos superiores en que se estructura esta e coas competencias atribuídas a eles, aconsellan a modificación da súa denominación, de xeito que nela se inclúa a correspondente ó ámbito competencial do deporte, consonte a súa concepción constitucional e estatutaria, concepción que vén poñer de manifesto a transcendencia sociolóxica, política e económica do fenómeno deportivo.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, punto 1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 1 do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, que queda redactado nos seguintes termos:

«A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que a seguir se relacionan:

-Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Consellería de Economía e Facenda.

-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

-Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Consellería de Sanidade.

-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

-Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

-Consellería de Medio Ambiente.

-Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

-Consellería de Emigración».

Disposicións adicionais

Primeira.-A orde de prelación das consellerías manterase segundo o establecido no artigo único deste decreto.

Segunda.-Tódalas referencias á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado así como á conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado contidas en resolucións e disposicións vixentes, deberán entenderse referidas á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e á súa titular.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA