Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.003

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO (906/2002).

Luis Diego Espino Hernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo, certifica que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Manuel Faílde Vázquez, contra Cándido Correia Machado, sobre demanda de desafiuzamento de vivenda por falta de pagamento seguida neste xulgado baixo o número 906/2002, se dictou sentencia do 4 de decembro de 2002, e para a súa notificación ó demandado rebelde acordouse libra-lo seguinte edicto:

«Sentencia.

Xuíz que a dicta: Francisco Javier Romero Costas.

Lugar: Vigo.

Data: 4 de decembro de 2002.

Parte demandante: Manuel Faílde Vázquez.

Avogado: José M. Nieto Ramilo.

Procurador: Félix Hombría Gestoso.

Parte demandada: Cándido Correia Machado.

Avogado: sen profesional asignado.

Procurador: sen profesional asignado.

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Félix Hombría Gestoso, en nome e representación de Manuel Faílde Vázquez, contra Cándido Correia Machado debo declarar e declaro que procede o desafiuzamento da vivenda descrita no primeiro antecedente desta sentencia, apercibindo o demandado de lanzamento se non desaloxa o predio no prazo legal, e condenándoo ó pagamento das custas do xuízo.

Modo de impugnación, mediante recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LAC).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º LAC).

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Cándido Corrrea Machado, expido este edicto en Vigo o oito de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA