Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 7.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria, dirixiranse ó Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no

artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles e comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os que figuran no anexo, segundo as características de cada curso, e respectarán en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na Resolución, do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación o curso.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: Xestión de residuos agrarios: instalacións agrarias adaptadas ó tratamento de residuos.

1. Obxectivos:

Analiza-la problemática do almacenamento de residuos agrarios, vendo as diferentes solucións e alternativas con base en diferentes modelos prácticos.

2. Destinatarios:

Técnicos agrarios dos grupos A e B que realicen a súa actividade na Administración e técnicos de AXE e de entidades asociativas gandeiras.

3. Criterios de selección:

1º Persoal da Administración dos grupos A e B, relacionado co tema.

2º Técnicos de AXE e de entidades asociativas agrarias, relacionados co tema.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (Bergondo).

4.3. Datas: do 22 ó 26 de setembro de 2003.

4.4. Horario: de mañá e tarde.

4.5. Prazas: 30.

5. Contido:

Situación actual dos residuos gandeiros. Problemática. Evolución e perspectivas. Diferentes modelos de instalación adaptados ó almacenamento de residuos. Alternativas técnicas adaptadas á problemática de Galicia. Realización práctica dunha impermeabilización.

Curso: A Norma UNE-EN ISO/IEC 17025.

1. Obxectivos:

-Formación do persoal para o mantemento e ampliación da acreditación das diferentes técnicas analíticas segundo a Norma UNE-EN ISO/IEC 17025.

-Cumprimento da norma en canto á obriga de formación continua das persoas que interveñen nas análises.

-Concienciación do persoal da necesidade e obrigatoriedade da acreditación.

2. Destinatarios:

Persoal de laboratorios químicos acreditados ou pendentes de acreditación.

3. Criterios de selección:

Darase prioridade ó persoal do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 41 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (Bergondo).

4.3. Datas: do 6 ó 23 de outubro de 2003.

4.4. Horario: 16.00 a 19.00 horas.

4.5. Prazas: 30.

5. Contido:

-A Norma UNE-EN ISO/IEC 17025: aspectos xerais. Campo de aplicación. Documentos normativos de referencia. Termos e definicións. Requisitos de xestión. Requisitos técnicos.

-Equipamentos de laboratorio: calibración, validación e mantemento. Calibración e mantemento de equipos térmicos e medidores de temperatura. Termopares e sondas PT100. Calibración e mantemento de balanzas. Calibración e mantemento de equipos volumétricos. Calibración e mantemento de espectrofotómetros. Calibración e mantemento de cromatógrafos.

-Validación de métodos de ensaio. Introducción. Informe previo á validación. Precisión. Exactitude. Selectividade. Intervalo de traballo, linealidade. Límite de detección. Límite de cuantificación. Incerteza dos resultados. Informe final.

-Control de calidade. Control de calidade interno. Criterios de aceptación de resultados. Gráficos de control. Ensaios colaborativos. Aplicacións estatísticas para avaliación de resultados.

Curso: Desenvolvemento rural.

1. Obxectivos:

Estudio teórico-práctico de análise de obxectivos e preparación dun programa de desenvolvemento para unha área rural.

2. Destinatarios:

Persoal da Administración da Comunidade Autónoma dos grupos de acción local e axentes de desenvolvemento local.

3. Criterios de selección:

Prioridade ó persoal vinculado a oficinas situadas en ámbitos rurais e na orde que se sinala no número anterior.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar de realización: Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

4.3. Datas: do 27 ó 31 de outubro de 2003.

4.4. Horario: 9.00 a 14.00 horas.

4.5. Prazas: 25.

5. Contido:

Planificación estratéxica de espacios rurais: metodoloxía, diagnóstico, proposta. Liñas de axuda para o medio rural. Programas europeos para o desenvolvemento das áreas rurais.

Curso: Medidas agroambientais.

1. Obxectivos:

Ampliar e actualiza-los coñecementos nesta materia de técnicos con responsabilidades en programas nos que se contemplan estas medidas.

2. Destinatarios:

Técnicos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección:

Técnicos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rual dos grupos A e B, que estean relacionados co tema.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (Bergondo).

4.3. Datas: do 3 ó 7 de novembro de 2003.

4.4. Horario: 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 17.30 horas.

4.5. Prazas: 30.

5. Contido:

Desenvolvemento substentable. O desenvolvemento rural e as medidas agroambientais. Indicadores agroambientais. Producción integrada e producción ecolóxica. Métodos ambientais de explotación integrada na producción agraria. A multifuncionalidade.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA