Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.878

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de xuño de 2003 pola que se regulan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e ós seus familiares para o exercicio 2003.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 114, do 13 de xuño de 2003, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Engádese un novo punto 3 ó artigo 6, co seguinte contido: «De conformidade co disposto no artigo 15.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, antes do derradeiro pagamento da axuda o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes».

Engádese ó final do parágrafo da disposición adicional terceira o seguinte: «sempre que siga existindo a situación de necesidade obxecto da anterior solicitude».