Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (11/2003).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 25-3-2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de sectorización Zapateira 2, tramitado de oficio mediante o sistema de cooperación, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no DOG, no BOP e en dous dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes (expediente 11/2003.SEC).

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 27 de maio de 2003.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde en funcións