Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/229-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T. Troncalillo.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 455 m de lonxitude, con orixe na subestación Troncal e remate no empalme coa liña TRO 7.14, á altura do cruzamento do camiño do Troncal e trav. de Vigo, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta de 1.000 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, na travesía de Vigo, O Troncal, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 29 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra