Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/228-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Fonte do Ouro, 22.

Situación: concello de Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 96 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. VLG804-Sanxenxo, entre os CC.TT. Fabaíños e praza Enxido, e remate no mesmo punto unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, en Fonte do Ouro 22, no concello de Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 29 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra