Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.773

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2003 sobre homologación dun curso para guías turísticos de Galicia.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, e para os efectos establecidos nos artigos 32 e 33 do referido decreto, esta consellería resolve homologa-los seguintes cursos:

III Encuentro Nacional de Calidad Turística, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de xuño de 2003 cunha duración de 10 horas (información e inscrición tfno. 981 54 25 49).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo