Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 5 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social (02/2003).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos, ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: TIG 98, S.L.

Domicilio/localidade: av. Porteliña, 25, Poio.

Número expte.: 02/03 1319/02(AI).

Data resol. deleg. prov.: 3-4-2003.

Preceptos infrinxidos: art. 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, artigos 10 a) e 11 do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e artigos 3, 4 e 5 e anexo III.2 do R.D. 773/1997, do 30 de maio.

Preceptos sancionadores: art. 5.2º, artigos 12.16º f), 11.1º, 12.16º f) e 12.16º f) respectivamente 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 3.725,08 euros.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante a directora xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde

o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que, noutro caso, se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 5 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra