Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de equipamento para a residencia de maiores de Ferrol. (Expediente 33/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de camas e mobiliario de dormitorio e baño, ferramenta de limpeza e enfermería.

b) Lugar de entrega: residencia de maiores de Ferrol. R/ Pardo Bazán, s/n (Caranza-Ferrol).

c) Prazo de entrega: corenta e cinco días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 107.365 euros, IVE incluído (cento sete mil trescentos sesenta e cinco euros).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administra

tivo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; tfno.: 981 54 56 50, fax: 981 54 29 08.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no enderezo indicado no punto 6, ás 9.30 horas do quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución.

10. Gastos dos anuncios: 18,76 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais