Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte coa denominación da Cidade, Lavarqueira, Outeiro da Paixón, As Barxas e Portal do Monte, a favor dos veciños do lugar de Morgade, no concello de Xinzo de Limia (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou na sesión que tivo lugar o dous de abril de dous mil tres, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común coa denominación da Cidade,

Lavarqueira, Outeiro da Paixón, As Barxas e Portal do Monte, por solicitude dos veciños do lugar de Morgade, do concello de Xinzo de Limia (Ourense).

Resultando que con data 11 de abril de 2000, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar de Morgade, concello de Xinzo de Limia (Ourense), solicitando se declare o monte A Cidade, Lavarqueira, Outeiro da Paixón, As Barxas e Portal do Monte, como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial en sesión realizada en data 26 de setembro de 2001, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores deste a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Morgade, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do concello de Xinzo de Limia, á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria: Servicio de Estructuras Rurais, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Xinzo de Limia, durante o prazo dun mes segundo consta en

dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente, se practicou no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, como segue:

Anotación letra A do predio nº 27.095, folio 92, tomo 718, libro 182 de Xinzo.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1) Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2) Que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado;

3) Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4) Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5) Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio commumi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar de Morgade, no concello de Xinzo de Limia (Ourense).

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar de Morgade, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños do lugar de Morgade, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu Regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros:

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica- lo monte denominado A Cidade, Lavarqueira, Outeiro da Paixón, As Barxas e Portal do Monte, de 19,87 ha, aproximadamente en conxunto de superficie a favor dos veciños do lugar de Morgade, no Concello de Xinzo de Limia (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Xinzo de Limia (Ourense).

Denominación do monte: A Cidade, Lavarqueira, Outeiro da Paixón, As Barxas e Portal do Monte.

Comunidade propietaria: veciños de Morgade.

Superficie total : 19 ha 87 a en conxunto aproximadamente.

Monte A Cidade:

Superficie 12 ha 20 a aproximadamente.

Estremas:

Norte: pista asfaltada de concentración e José Gil.

Sur: camiño veciñal.

Leste: monte dos veciños da Pena, Manuel García Ferrón, José Quintas Boquete e outras propiedade particulares da Pena.

Oeste: Vicente Sotelo Díaz, José González Ramos, Rosa Bolaño Enríquez, José Vázquez Ramos, Hdos. de Antonio Cid Suárez, Josefa Fernández Cid, Hdos. de Manuel Díaz Ramos e outras propiedades particulares de Morgade.

Monte Lavarqueira:

Superficie 2 ha 87 a, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño veciñal.

Sur: herdeiros de Josefa Enríquez.

Leste: herdeiros de Josefa Enríquez Blanco.

Oeste: herdeiros de Ángel Suárez.

Monte Outeiro da Paixón:

Superficie 2 ha 40 a, aproximadamente.

Estremas:

Norte: José Rodríguez Rivera, Cándido Losada Vázquez, estrada provincial de Xinzo a Vilar de Barrio.

Sur: José Sotelo Enríquez, herdeiros de Francisco Ramos Blanco.

Leste: herdeiros de Rosendo Ramos, Antonio Rodríguez Díaz, José Rodríguez Rivera.

Oeste: herdeiros de María Moure Blanco, José González Ramos, Antonio Cid Suárez, Agustín Enríquez Conde, Dolores González Fernández.

Monte: As Barxas:

Supercie: 1 ha 40 a aproximadamente.

Estremas:

Norte: autovía das Rías Baixas.

Sur: herdeiros de Eladio Ramos.

Leste: herdeiros de Generosa Stelo, José Sotelo Enríquez.

Oeste: Antonio Enríquez Rodríguez, Manuel Villar Pozos, José González Ramos e outras propiedades particulares de Boado.

Monte Portal do Monte:

Superficie: 1 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: Francisco Cid González, Miguel Villar Fariñas.

Sur: herdeiros de Germán Joga.

Leste: Joaquín Gómez Blanco.

Oeste: José García Rodríguez, José Ramos Bolaño.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Xinzo de Limia, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 2 de abril de 2003.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común