Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 15 de maio de 2003 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE número 254) outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na

zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 31 de xullo de 1984 (DOG número 186) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Miguel Vidal Caeiro, cunha superficie de 372 metros cadrados.

Por Orde do 19 de setembro de 1984 (DOG número 198) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Juan A. Veloso Berride, cunha superficie de 467,40 metros cadrados.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG número 231) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de José Campos Rifón, cunha superficie de 760,50 metros cadrados.

Por Orde do 14 de febreiro de 1985 (DOG número 53) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Antonio Bouzón Rey, cunha superficie de 1.472 metros cadrados.

Segundo.-Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro.-Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.

Contra esta resolución, que esgota á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

1. Orde do 7 de outubro de 1975 (BOE número 254) pola que se outrogan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arosua.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

16BENITO VELOSO MARTINEZ370

103JOSE MOLLINEDO VELOSO84

291MERCEDES VICENTE MAYAN66

351JOSE CAMPOS RIFON120

382ANTONIO BUA GRANDA32

384LUISA CONDE MANEIRO37

403MARIA CERQUEIRAS DEL RIO51

404MARIA IGLESIAS FORURIA144

405LUIS CASTROMAN OLIVEIRA80

408CARMEN E VIRTUDES IGLESIAS RAMOS118

465CONSTANTINO SILVA RAMOS131

469MARIA CALVO MANEIRO197

595FRANCISCO MANEIRO CALVO517

620JOSE LUIS DIZ ENCISA222

630JUAN Y WENCESLAO VIDAL LONGA346

647JESUS MUÑIZ MANEIRO405

666CAMILO MANEIRO CALVO1.074

669JESUS NUÑEZ MANEIRO1.038

716ANTONIA MOLEDO CANCELO181

736JOSE FARTO ANTELO1.402

737JOSE FARTO ANTELO410

745JOSE CAMPOS RIFON211

748JOSE FARTO ANTELO186

776RAMON MANEIRO GOMEZ271

785JESUS SERANTES RUBIANES325

787JESUS SERANTES RUBIANES30

821JESUS SERANTES RUBIANES190

846JOSE CAMPOS RIFON144

866VICENTE MOLLINEDO VELOSO194

869JOSE CAMPOS GARCIA970

890JOSE RODRIGUEZ DOMINGUEZ58

2. Orde do 31 de xullo de 1984 (DOG número 186) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Miguel Vidal Caeiro, cunha superficie de 372 metros cadrados.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

Exp. 5515MIGUEL VIDAL CAEIRO372

3. Orde do 19 de setembro de 1984 (DOG número 198) pola que se outroga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Juan A. Veloso Berride, cunha superficie de 467,40 metros cadrados.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

Exp. 5500JUAN A. VELOSO BERRIDE467,40

4. Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG número 231) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de José Campos Rifón, cunha superficie de 760,50 metros cadrados.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

Exp. 5547JOSE CAMPOS RIFON760,50

5. Orde do 14 de febreiro de 1985 (DOG número 53) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Antonio Bouzón Rey, cunha superficie de 1.472 metros cadrados.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

Exp. 5494ANTONIO BOUZON REY1472