Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de maio de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de maio de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública de Pontevedra en Vigo.

Advertidos erros na resolución publicada no DOG nº 90, do luns 12 de maio de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 5.922, onde di: «Resolución do 9 de maio de 2003, pola que se ordena a publicación de acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de maio de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Delegación Provincial de Pontevedra en Vigo».

Debe dicir: «Resolución do 9 de maio de 2003, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de maio de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Delagación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública de Pontevedra-Vigo.

-Na páxina 5.922, na cuarta liña do páragrafo terceiro onde di: «... presentes na Mesa Sectorial de Negociación... », debe dicir: «... presentes na Mesa Xeral de Negociación...».