Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

ANUNCIO.

O Concello da Gudiña, no Pleno que tivo lugar o día 20 de maio de 2003, adoptou o acordo seguinte:

Aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM: o Pleno, por maioría absoluta esixida polo artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, acorda:

-Aproba-la modificación puntual da área de repartición AR1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Gudiña, nos termos e contido que figura no texto redactado polo arquitecto César Pichel Rodríguez.

-Publicar este acordo no BOP, co texto íntegro da normativa e ordenanza do modificado.

-Publica-lo extracto deste acordo no DOG.

A Gudiña, 29 de maio de 2003.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde