Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de abril de 2003 aprobou con carácter inicial as seguintes modificacións puntuais do Plan Parcial do Parque Empresarial de Alvedro:

a) Modificación dos puntos 2.2.5, 2.8.3 e 2.3.1.2 das ordenanzas reguladoras.

b) Modificación da zonificación que afecta a parcela de servicios técnicos e a de espacios libres e zonas verdes.

Durante o prazo dun mes contado desde a última das publicacións deste anuncio (DOG ou xornais) podrá ser examinado o expediente nas oficinas municipais da Área de Urbanismo e formula-las alegacións que estimen pertinentes.

Culleredo, 24 de abril de 2003.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo