Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte coa denominación da Leira, A Munia, A Cardea, A Derrasa, Os Marquiños, Corgo, O Pendón, O Castro de Fechas, A Edreira, Picoto e A Fraga, a favor dos veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas, no concello da Bola (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o dous de abril de dous mil tres, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común coa denominación da Leira, A Munia, A Cardea, A Derrasa, Os Marquiños, Corgo, O Pendón, O Castro de Fechas, A Edreira, Picoto e A Fraga por solicitude dos veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas na parroquia de Sorga, do concello da Bola (Ourense).

Resultando que con data do 8 de maio de 1995, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

en Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas, no concello da Bola (Ourense), no que solicita que se declare o monte A Leira, A Munia, A Cardea, A Derrasa, Os Marquiños, Corgo, O Pendón, O Castro de Fechas, como veciñal en man común.

Con data do 28 de xuño de 1996 tivo entrada no rexistro escrito de ampliación á solicitude cos montes A Edreira, Picoto e Fraga, que por erro involuntario non foran incluídos no primeiro escrito.

Resultando que o xurado provincial, en sesión con data do 4 de outubro de 1995 e 3 de outubro de 1996, acordou tomar en consideración os citados escritos e inicia-lo expediente de clasificación do monte, designando instructores a Manuel Bouzas Costa e José Manuel Baltar Blanco, que aceptaron tal cargo, librou mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Celanova, e remitiu comunicacións dirixidas ós veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello da Bola, á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello da Bola, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado

concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente, se practicou no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, como segue:

Folio 39, libro 92, da Bola, predio nº 13.449.

Resultando que na reunión do xurado do 30 de setembro de 1998 se adoptou o acordo de nomear instructora a Miriam Areal López en substitución de José Manuel Baltar Blanco nos expedientes de clasificación pendentes.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casais ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado;

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio commumi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas, no concello da Bola (Ourense).

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu Regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado A Leira, A Munia, A Cardea, A Derrasa, Os Marquiños, Corgo, O Pendón, O Castro de Fechas, A Edreira, Picoto e A Fraga, de 1.059.622 m, aproximadamente en conxunto de superficie, a favor dos veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas, parroquia de Sorga, no concello da Bola (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: A Bola (Ourense).

Denominación do monte integrado por varios denominados A Leira, A Munia, A Cardea, A Derrasa, Os Marquiños, Corgo, O Pendón, O Castro de Fechas, A Edreira, Picoto e A Fraga.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Pousa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, O Outeiro, Fechas, Pegariña e As Mamoelas, na parroquia de Sorga.

Superficie: 1.059.622 m aproximadamente en conxunto.

Monte A Leira:

Superficie: 60.000 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: montes particulares de Pegariña.

Sur: praza das Mamoelas.

Leste: montes particulares de Cerdal.

Oeste: terreos da Fervenza.

Monte A Munia:

Superficie: 157.000 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: montes particulares de San Simón.

Sur: montes particulares das Mamoelas.

Leste: co mesmo comunal.

Oeste: co mesmo comunal.

Monte A Cardea:

Superficie: 395.000 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: pista ó Forriolo.

Sur: mesmo comunal.

Leste: camiño ó Forriolo.

Oeste: co mesmo comunal.

Monte A Derrasa:

Superficie: 395.000 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: co mesmo comunal.

Sur: monte de Cernadela.

Leste: montes particulares de Pitelos.

Oeste: co mesmo comunal.

Monte Os Marquiños:

Superficie: 40.834 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: montes particulares das Mamoelas.

Sur: montes particulares de Sabucedo.

Leste: montes particulares.

Oeste: montes particulares de Sorga.

Monte Corgo:

Superficie: 180.590 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: montes particulares de Pegariña.

Sur: praza das Mamoelas.

Leste: montes particulares de Sorga.

Oeste: leiras particulares de Sorga.

Monte O Pendón:

Superficie: 48.000 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: montes particulares do Outeiro.

Sur: montes particulares do Outeiro.

Leste: co mesmo comunal.

Oeste: leiras particulares do Outeiro.

Monte O Castro de Fechas:

Superficie: 220.222 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: leiras particulares do Outeiro.

Sur: montes particulares de Sabucedo.

Leste: leiras particulares de Fechas.

Oeste: leiras particulares de San Vicente.

Monte A Edreira:

Superficie: 72.000 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: montes particulares.

Sur: estrada de Ourense a Xinzo de Limia.

Leste: montes particulares.

Oeste: montes particulares.

Monte Picoto:

Superficie: 11.572 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: montes particulares.

Sur: montes particulares.

Leste: montes particulares.

Oeste: montes particulares.

Monte Fraga:

Superficie: 4.404 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: montes particulares.

Sur: montes particulares.

Leste: montes particulares.

Oeste: montes particulares.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselles esta resolución ó alcalde-presidente do Concello da Bola, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 2 de abril de 2003.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común