Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a Resolución do 12 de maio de 2003, de baixa da autorización turística do establecemento relacionado no anexo I.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a Resolución do 12 de maio de 2003, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos indicados no anexo I xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da sua publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 47/1999, do 13 de xaneiro.

ANEXO I

Establecemento: Restaurante Bon Amigo.

Titular: Elías Díaz Barreira.

Enderezo: Fumaces, concello de Riós.

Ourense, 12 de maio de 2003.

José Luis Pérez Pérez

Delegado provincial de Ourense