Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 19 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica trámite de audiencia.

Intentada a notificación deste trámite de audiencia e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Antonio R. García Franqueira, co último enderezo coñecido en Abegondo, nº 10, 15009 A Coruña, que con data do 19 de xuño de 2001 se dictou proposta de resolución que se transcribe literalmente no que lle afecta:

«Comunícolle a vostede que, como consecuencia do recurso presentado por Manuela Cabanas del Río no que reclama superficie na parcela nº 426 do polígono 5 da zona de concentración parcelaria de Mercurín-Lesta, se propón a modificación que abaixo se cita e que lle afecta a vostede».

De conformidade co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícolle así mesmo que o expediente está á súa disposición nas depenencias do Servicio de Infraestructuras Agrarias desta delegación provincial e que, durante o prazo de 10 días contados desde o seguinte

ó da data de recepción deste, poderá vostede facer alegacións e presentar cantos documentos e xustificacións teña por convenientes.

Proposta:

Cambia-la superficie da parcela nº 430 do polígono 5, que queda cunha superficie total de 30-95 áreas de M-3.

A Coruña, 19 de maio de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO