Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número U-2003/0008, interposto contra a Resolución do 31 de outubro de 2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido no Monte, Deiro, Vilanova de Arousa-Pontevedra, a resolución do recurso de alzada número U-2003/0008, contra a resolución do director xeral de Urbanismo, do 31 de outubro de 2002, da que a parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de alzada (expedinte número U-2003/0008) interposto por María Dolores Mouta Portas, contra a resolución dictada o 31 de outubro de 2002 polo director xeral de Urbanismo, pola que se lle impón a Dolores Mouta Portas unha multa coercitiva por importe de 3.005,06 euros como consecuencia de incumpri-lo ordenado na resolución do director xeral de Urbanismo do 11 de xullo de 2002 (demolición da vivenda unifamiliar declarada ilegal) -advertíndolle que de non facerse efectivo o importe da multa no prazo previsto no artigo 20 do Regulamento de recadación, se procederá pola vía de constrinximento- e requírese novamente para que proceda no prazo dun mes a cumpri-la orde de demolición e restitución das cousas ó estado anterior, advertíndolle que, no caso de incumprimento da orde de demolición no novo prazo concedido, se procederá á súa execución forzosa mediante a imposición de novas multas coercitivas ou, se é o caso, mediante a súa execución subsidiaria; resolución que se

confirma.

Apercíbeselle de que, no caso de incumprimento da orde de demolición, se procederá, de acordo co disposto no artigo 54.3º RDU, á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas reiterables ata logra-la execución polo suxeito obrigado, en contía que oscilará entre as 50.000 (300,51 euros) e as 500.000 (3.005,06 euros) pesetas, en función das circunstancias concorrentes e do custo estimado das actuacións necesarias para restaura-la legalidade, ou mediante a execución subsidiaria por conta do interesado.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda