Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.594

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (832/2002).

Órgano e resolución que acorda citar.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data dictada no xuízo a que se fai referencia.

Persoa que se cita e obxecto da citación.

Rafael Gómez Portas, con domicilio no lugar de Pousa (Iria-Padrón), en calidade de denunciado, para asistir ó xuízo de faltas seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636).

Lugar, día e hora onde debe comparecer.

Na sede deste xulgado, sito na r/ Tetuán s/n, 2º andar, sala de vistas única, o día 16-7-20003 ás 12.15 horas.

Prevencións legais.

1. De residir neste termo municipal, se non comparece nin alega xusta causa, pode ser multado coa contía que a lei determina, recaendo sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito. No caso de residir fóra pode dirixir escrito a este xulgado, alegando o que coide oportuno á súa defensa e apoderar persoa que presente no xuízo as probas de descargo que tiver.

2. Pode acudir ó xuízo asistido de letrado, ben que este non sexa preciso.

3. Debe comparecer no acto do xuízo con tódolos medios de proba de que se tente valer moi especialmente co certificado do seguro obrigatorio do vehículo matrícula LU-7873-A e documento acreditativo da súa vixencia.

En Padrón o sete de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA