Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.594

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (334/2002).

Elma Monzón Cuesta, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dá fe de que nos autos de xuízo verbal 334/2002, recaeu sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

A Coruña, vintecinco de abril de dous mil tres.

Vistos por min, Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal civil, tramitados neste xulgado co número 334/2002, por instancia de Mudanzas Hércules, S.L., representado polo procurador José Antonio Castro Bugallo e defendido polo letrado Carlos Pérez López Marón, contra Rafael Peinador, en ignorado paradoiro, sobre reclamación de cantidade, e

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Castro Bugallo en representación de Mudanzas Hércules, S.L. condeno a Rafael Peinador a pagarlle á demandante a suma

de 1.754,23 mailo xuro legal do diñeiro desde a data da interpelación xudicial ata o completo pagamento. As custas impóñenselle ó demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación que se preparará perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, publicar no DOG e sirva de notificación en legal forma ó demandado rebelde, expido e asino este edicto na Coruña o dous de maio de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN