Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.552

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de maio de 2003 pola que se modifica o anexo I da Orde do 17 de febreiro de 2003 pola que se regulan as probas de acceso á universidade para os alumnos e as alumnas que cursaron as ensinanzas de bacharelato previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Decreto 265/2003, do 15 de maio (DOG do 23 de maio), concede autorización para implantar estudios conducentes a novas titulacións no sistema universitario de Galicia polo que é preciso incorporalas ó anexo I da Orde do 17 de febreiro de 2003 (DOG do 17 de marzo) vinculando os novos estudios universitarios que se poden cursar coas vías de acceso LOXSE e as opcións de COU.

En consecuencia, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Engádense as seguintes titulacións universitarias, cos seus vínculos correspondentes, ás que figuran no anexo I da Orde do 17 de febreiro de 2003 (DOG do 17 de marzo):

Vías de acceso

LOXSE

Opcións COU

Titulacións do SUG12345ABCD

Licenciado en comunicación audiovisual*********

Enxeñeiro técnico de obras públicas: especialidade en construccións civís****

Enxeñeiro técnico de obras públicas: espec. en transportes e servicios urbanos****

Enxeñeiro técnico de telecomunicacións: espec. en sistemas de telecomunicacións****

Enxeñeiro técnico de telecomunicacións: especialidade en imaxe e son****

Enxeñeiro técnico en topografía**

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria