Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.502

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de maio de 2003 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Pola Orde do 24 de xaneiro de 2003 convócase concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto na base décima da orde de convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de méritos específico, convocado pola Orde do 24 de xaneiro de 2003 (DOG do 25 de febreiro).

Segundo.-A toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos desde o 1 de setembro de 2003.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Apelidos e nomeDNIPraza obtida

Iglesias Suárez, María Luz32414682Praza 1: Preescolar na Casa (Pontevedra)

Baloira Nogueira, María Digna52470816Praza 1: Preescolar na Casa (A Coruña)

Ares Casal, María Paz33264759Praza 2: Centro de Reeducación de Ourense (Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado)

Quevedo Quintas, María Pilar34933881Praza 2: Centro de Reeducación de Ourense (Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado)

Fernández Álvarez, María Concepción36037277Praza 2: Centro de Reeducación de Pontevedra (Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado)

Casteleiro Souto, Miguel Anxo32624319Praza 3: coordinador de ASPANAES na provincia da Coruña

Fandiño da Torre, María Ángeles33215115Praza 4: Consellería de Medio Ambiente

Santiago de Compostela

Rey Carpente, Rafael32632998Praza 5: Fundación Amancio Ortega Gaona-Arteixo