Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.479

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 275/2003, do 4 de xuño, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

En atención ós méritos que concorren en Francisco Álvarez-Cascos Fernández, José Luis Meilán Gil e Loyola de Palacio del Valle-Lersundi, e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, é vontade do Goberno galego outorgárlle-la súa máis alta distinción.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Concedérlle-la Medalla de Ouro de Galicia a:

Francisco Álvarez-Cascos Fernández.

José Luis Meilán Gil.

Loyola de Palacio del Valle-Lersundi.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous mil tres.

P.A.

José Antonio Orza Fernández

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública