Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, de servicios para a impresión das publicacións periódicas da Suddirección Xeral das Cualificacións. (Expediente 25/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: maquetación, impresión e distribución das publicacións periódicas correspondentes ó ano 2003 da Subdirección Xeral das Cualificacións que se determinan no prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes e número: lote 1 Estudio do mercado laboral ano 2001, lote 2 Informe comarcal do mercado laboral (2º e 3º trimestre do 2003), lote 3 Datos sobre ocupacións (1º semestre 2003).

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): lote 1: dous meses desde a entrega de cada un dos orixinais e lote 2 e 3: un mes desde a entrega de cada un dos orixinais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento: total: 64.000 euros (sesenta e catro mil euros, IVE incluído); lote 1: 40.000 euros (corenta mil euros, IVE incluído), lote 2: 16.000 euros (dezaseis mil, IVE incluído), lote 3: 8.000 euros (oito mil euros, IVE incluído).

5. Garantías:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación do contrato (para cada un dos lotes).

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Lázaro, s/n-15781 Santiago de Compostela. Teléfonono: 981 54 56 50, fax: 981 54 29 08. w.w.w.xunta.es/contratación

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Véxase punto 6.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do décimo primeiro día contado desde o seguinte (incluído) ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos dos anuncios: 18,76 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaría xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais