De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos
da Asociación de Rederas de Cangas de Morrazo, que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: concello de Cangas de Morrazo.
Profesional: representación, defensa, formación, especialización e inserción laboral das asociadas.
Asinan a acta de constitución: Manuela Bamio Fernández e outras.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 8 de maio de 2003.
Joaquín Macías Sánchez.
Delegado provincial de Pontevedra