Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer

por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoPrecepto sancionadorPosible sanción

Contrafuerte, S.L.B-27024454LU-E 228/0326-e) LO 1/92R/ Clérigos 19, LugoAta 300,51 A

Minimal Pub, S.L.B-27219690LU-E 226/0326-e) LO 1/92R/ Galicia 9, LugoAta 300,51 A

Dobara, S.L.B-27102979LU-E 225/0326-e) LO 1/92Clérigos 17, LugoAta 300,51 A

Javier Álvarez López33810169LU-E 206/0326-e) LO 1/92Lousadela 7, SarriaAta 300,51 A

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de grupo, Constantino Alvar Cabido, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG 30-9-1996).

Lugo, 23 de maio de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo