Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o cambio de localización da instalación eléctrica que se cita. (RCI 18.245).

En Resolución do 22 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, autorizóuselle a instalación dunha planta de coxeneración de enerxía eléctrica de 12.738 kVA á empresa Sueros de Galicia, S.A. no municipio do Pino, alimentandos por fuel oil.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición do cambio de localización da planta de coxeneración á nova localización de Teixeiro (Curtis), alimentada por gas natural.

Todas aquellas personas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña