Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construcción da obra de circunvalación interior de Monforte de Lemos, clave: LU/00/059.01, termo municipal de Monforte de Lemos.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 23 de agosto de 2002 procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras do proxecto de construcción da obra de circunvalación interior de Monforte de Lemos, clave: LU/00/059.01, polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 9 de xaneiro de 2003 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 25/2003, publicado no DOG nº 13, do 21 de xaneiro de 2003.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos

derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 15 de xullo de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.00 horas e das 16.30 ás 18.30 horas.

De: Arias Fernández, Martina a López Buján, Manuel.

Casa do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 16 de xullo de 2003.

Horario: das 9.30 ás 13.00 horas e das 16.30 horas ás 18.30 horas.

De: López Rodríguez, Benigno a Vilariño López, José.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Monforte de Lemos e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Lugo (Ronda da Muralla, 70-1ª planta) 27071 Lugo.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo ir acompañados, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 14 de maio de 2003.

Gerardo Pallares Sánchez

Enxeñeiro xefe