Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.424

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 4 de xuño de 2003 pola que se nomean vocais do Consello de Dirección e o director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

O artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), conforme a denominación actual do organismo establecida pola disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, dispón que o Consello de Dirección estará formado polo seu presidente, un vicepresidente, o seu director, cinco vocais e un secretario, correspondendo o nomeamento dos vocais e do director ó conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

A composición inicial do Consello de Dirección determinouse por orde da anteriormente denominada Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 12 de novembro de 1996, sendo a súa última modificación a efectuada pola Orde do 7 de xuño de 2001.

Conforme o previsto na Lei 7/1994 e no Decreto 128/1996, do 14 de marzo, de desenvolvemento da dita lei, o vicepresidente do organismo é, por razón do seu cargo, o director xeral da anteriormente denominada Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, polo que, de acordo coa nova estructura orgánica da consellería, lle corresponde asumi-las funcións da vicepresidencia do Fogga ó titular da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria.

Por outra banda, por Orde do 9 de marzo de 2001 nomeouse a Secundino Grobas Mosquera como director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Os cambios habidos desde entón na consellería e na denominación do organismo, aconsellan proceder a unha nova modificación dos vocais que a representan no Consello de Dirección do Fogga, así como o nomeamento dun director do propio do organismo, precisando, ademais, conforme a actual estructura orgánica da consellería, o titular do centro directivo que asume a vicepresidencia do organismo.

Na súa virtude, no uso da competencia que me atribúen os artigos 4, apartados 3º e 4º, da Lei 7/1994, do 29 de decembro, e 9.3º e 14.1º do Decreto 128/1996, do 14 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen José Antonio Álvarez Vidal, Miguel Fernández Fernández, Manuel Díaz Cano e José Luis Díez Díez como vocais do Consello de Dirección do Ilgga, en representación da Consellería de Agri-

cultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e Secundino Grobas Mosquera como director do dito organismo, agradecéndolle-los servicios prestados.

Artigo 2º

Nomea-las seguintes persoas como vocais do Consello de Dirección do Fogga, en representación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural:

-José Antonio Álvarez Vidal, secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

-Miguel Fernández Fernández, director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

-José Luis Díez Díez, subdirector xeral do Fogga.

-José Álvarez Robledo, subdirector xeral de Explotacións Agrarias.

Artigo 3º

Nomear a Antonio Crespo Iglesias como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Disposición adicional

Para os efectos do disposto nos artigos 3.3º da Lei 7/1994, do 29 de decembro, e 9.1º b) do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a dita lei, o vicepresidente do Fondo Galego de Garantía Agraria será, por razón do seu cargo, o director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA