Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2003 pola que se anuncia concurso para adxudica-los servicios de hostalaría (campamentos de verán 2003) no centro de vacacións A Lanzada.

Obxecto: contratación dos servicios de hostalería (limpeza, lavandería e alimentación), durante os campamentos de verán 2003, no centro de vacacións A Lanzada.

Tipo de licitación: fíxase en 62.899,20 euros, IVE incluído.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: fíxase a provisional no 2% do orzamento de licitación e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra, teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 29 de maio de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado