Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003 pola que se anuncia concurso para adxudica-la contratación da subministración dun camión escaleira automático para o Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo.

Obxecto: contratación da subministración dun camión escaleira-automático para o Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, de acordo co prego de condicións técnicas que figura no expediente.

Tipo de licitación: fíxase na cantidade de 421.000 euros, IVE incluído e conta co cofinanciamento de fondos europeos Feder.

Plicas: no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ata o día 7 de xullo de 2003.

Fianzas: fíxase a provisional no 2% do orzamento de licitación e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra, teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 23 de maio de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado