Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a concesión da explotación do quiosco municipal instalado no parque do Espiñeiro-Portonovo, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria do concurso respectivo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: explotación do quiosco municipal instalado no parque do Espiñeiro, en Portonovo.

b) Localización: Portonovo.

c) Prazo da concesión: 5 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: 120 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono 986 72 00 75. Fax 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Ver cláusula 3ª do prego respectivo.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no terceiro día hábil contado desde o seguinte ó de remate da presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 2ª do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 22 de maio de 2003.

Telmo Martín González

Alcalde