Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Concello de Sada incoou expediente de contratación para a adxudicación da obra de canalizacións de pluviais, auga e iluminación, rexeneración do solo, saneamento e replantación do arboredo

da rúa da Praia, Sada, 1ª fase, cun orzamento base de licitación de 63.154,98 euros, polo procedemento aberto e forma concurso.

O prazo para prensenta-las proposicións e demais documentación é de 26 días naturais a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP, DOG ou o xornal El Ideal Gallego.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailo proxecto na casa do concello. O anuncio de licitación publícase no BOP da Coruña.

Sada, 23 de maio de 2003.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde