Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia que se cita.

O presidente, actuando no nome e na representación do ente público Portos de Galicia segundo o previsto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolve adxudica-lo seguinte contrato:

Contratación dos traballos de consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico-orzamentario do ano 2002 do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: 4-003004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico-orzamentario de 2002 para o ente público Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 52, do 14 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 18.030,36 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 25 de abril de 2003.

b) Contratista: Ernst & Young, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 17.000 euros.

6. Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, noti

fícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sen embargo, o interesado poderá optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia