Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2003 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador con clave DH.D15.15207.

Por medio deste edicto faise saber que o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia dictou resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no art. 59.4º da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada a resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra ó seu dispor nas oficinas do organismo autónomo Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela).

En relación con esta resolución, a interesada poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte á publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2003.

Justo de Benito Basanta

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Expediente número: DH.D15.15207.

Persoa interesada: Dolores Baldomir Varela.

Domicilio que consta no expediente: Oza da Estrada, 106, 15100 (Carballo).

Acto administrativo: Resolución do 16 de abril de 2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 116 g) do texto refundido da LA en relación co artigo 315 j) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción: 500 euros.