Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Luseryma, S.L., no expediente de dilixencias previas 40/2002.

A Delegación Provincial de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 40/2002, seguidas en virtude de denuncia formulada por Lidia Sendón Esperante como propietaria da vivenda 4º E da rúa Estrada da Granxa, 120 de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Luseryma, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na referida vivenda.

As obras de reparación que hai que realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas consistentes en:

-Filtración de auga a través da cuberta do teito do baño.

-Condensación en dormitorios baixo cuberta, nos encontros de forxado de cuberta e cerramentos.

-Fisuras en paredes dos dormitorios de baixo cuberta e teito de baño.

-Solado porcelánico de corredor con esmalte raiado nas entradas ás dependencias con tarima de madeira.

-Ventá de baixo cuberta con cristal raiado e carpintería reformada por golpe exterior.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 28 de abril de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo