1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: asistencia técnica para a formación e mellora da preparación do persoal para a optimización dos medios aéreos.
2.2. Prazo de execución: un máximo de seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: douscentos vinteseis mil (226.000) euros.
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: 4.520 euros.
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: 9.040 euros.
7. Documentación e información.
7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet:
www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2590
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
7.2. Información: teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura da documentación xeral (sobre A): realizarase no lugar antes indicado, ás 13.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
10. Apertura das ofertas: ás 12.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto
8.3., se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2003.
P.D. (Orde 29-1-2003)
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente