Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 21 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, sobre o permiso de investigación Rego do Ouro, número 7025.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña fai saber que por Resolución do 4 de abril de 2003, se outorgou o permiso de investigación Rego do Ouro nº 7025 de 60 cuadrículas mineiras, para recursos de lousa, sección C, nos termos municipais de Mañón, Ortigueira e As Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña.

O que se fai público, para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

A Coruña, 21 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña